Comunícanos a Administración a súa intención de celebrar nas próximas datas a elección de destino da escala técnica de estatísticos (2009).  Os catro postos ofertados radican en Santiago e están clasificados grupo A2 nivel 18. Na actualidade atópanse vacantes puras (sen ocupar por persoal interino nin adscrición provisional).

Os postos non foron ofertados no último concurso por ser de creación posterior (DOG 13/07/2009). Porén, en atención a súas características, Función Pública entende que poderían ser ofertados con carácter definitivo. O prazo para presentar alegacións remata o día 26 de xaneiro ás 15:00 h.

Descarga as vacantes