A Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza redactou unha circular como consecuencia das dúbidas que xurdiron do Real Decreto Lei 20/2011, do 30 de Decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira de cara a correxir o déficit público (BOE 31/12/2011). 

A dita circular foi redactada coma consecuencia das dúbidas expostas polos diferentes concellos galegos principalmente con respecto á contratación de persoal, e coa intención de informarlles dos cambios producidos e das consecuencias prácticas que terán para os nosos concellos. Ista circular é unha mera recolección de criterios interpretativos, sen prexuízo da interpretación posterior de tribunais de do Goberno de España.

Para o caso da Administración autonómica, a CIG solicitou unha aclaración ao respecto. De palabra, o director xeral comentounos que tiñan pensado convocar pouco a pouco todo aquelo que estivera ofertado. Quedaron tamén de ofrecernos máis información pero aínda non hai unha circular semellante.

Descarga a circular