O mércores, 16 de xaneiro, reuniuse a comisión de valoración do concurso das Escalas de Estatística para elevar a definitiva a resolución provisional. Non houbo reclamacións así que en breve publicarase a resolución definitiva; nuns días mandaran a data por correo electrónico.

Nese mesma reunión aproveitamos para preguntarlle a Función Pública por outros concursos que aínda están pendentes de convocatoria:

  • Corpos xerais: están na fase de pedir as prazas ás consellerías e que en breve mandarán o borrador das bases do concurso para negociar; adiantan que terán poucos cambrios con relación ás anteriores do 2010. En canto á previsión para que se publique segue sendo febreiro.
  • Escalas de informatica: estanno a levar en paralelo co de corpos xerais e en breve tamén mandarán o borrador para negociar. En canto á previsión para que se publique é de febreiro-marzo.

  • Escalas de finanzas: din que tamén estan traballando nel e que próximamente mandaran as bases para negociar. Non ofrecen previsión para a súa publicación.