Ao mesmo tempo que cunha man elabora unha RPT que destúe 101 postos públicos, coa outra continúa asinando privatizacións e convenios para prestar os servizos sociais.

A "Memoria Funcional Xustificativa" que preparou a Consellaría para unha próxima Mesa Xeral é un exercicio de enxeñaría númerica que pretende disfrazar a destrucción de 101 postos de traballo públicos. Entendemos que tente disfrazalo, precisamente á Consellaría de Traballo e Benestar, a que máis postos de traballo público destrue e máis malestar provoca entre as traballadoras e traballadores que van mandar á rúa.

Baixo o ocorrente título de "Prazas dadas de baixa no anexo de persoal pola D.X. de Planificación e Orzamentos", ocorrente porque é nesta proposta cando sacan estes postos á luz, aparecen postos ocupados pero na novedosa situación de "dadas de baixa" e así nada máis e nada menos que 134 prazas. Existen, están ocupadas pero "dadas de baixa". O dito: enxeñaría numérica.
 
Pero esta Consellería é capaz de todo, e como é capaz de todo, resucita a 88 desas prazas "dadas de baixa" baixo o non menos ocorrente título de "Prazas que deben volver a dotarse no anexo de persoal", como se esas prazas non tiveran dotación e a xente traballara e non cobrara.
 
Enxeñaría numérica aparte, imos ao fundamental: o que a Consellería quere ocultar baixo o eufemismo e a espada de Damócles das prazas que "poden ser amortizadas". E o que quere ocultar é a destrucción dun total 101 postos de traballo repartidos do seguinte xeito: 46 baixo o título de "Prazas dadas de baixa no anexo que poden ser amortizadas", 41 prazas baixo o título "Novas prazas que poden ser amortizadas" e 14 prazas en Servizos da Dependencia.
 
E respecto á creación de prazas, pón que crean 37 en total sumando 22 en Centros e 15 en Dependencia. Ao mellor nós miramos mal, ou estamos confundidos por esta enxeñaría númerica da Consellería, pero non vimos 37, senón 24 de nova creación que saen de 15 en Centros e 9 en Dependencia.
 
O caso é que de novo é a Consellería de Traballo e Benestar a que máis postos de traballo destrúe, e ademais quere disfrazalo. Pero a realidade é dura, e os postos de traballo destruídos conlevan un montón de xente máis ao paro, e conlevan que a xente que está nas listas non poda traballar.
 
E mentres esta Administración presta uns servizos sociais cada vez máis escasos e en peores condicións, segue apoiando medidas de rescates á banca, aos poderosos, aos corruptos e evasores de impostos, mentres as persoas máis necesitadas quedan desatendidas.
 
ÚLTIMA HORA: Segundo consta no informe  favorable de Función Pública, facilitado a posteriori, as amortizacións serían 178 e cunha creación de 49 postos, o que da un saldo neto negativo de 129 amortizacións de postos públicos.