Achéganos Función Pública as seguintes bases de convocatorias de procesos selectivos para discutir nunha vindeira reunión que tería lugar o mércores, 29 de maio. Trátase dos seguintes procesos selectivos, tanto de acceso libre como de consolidación, correspondentes ás Ofertas de Emprego Público de 2009 e 2011:

  • Do subgrupo A1, libre, escala de inspección urbanística.
  • Do subgrupo A1, libre, escalas de enxeñeiros industriais, arquitectos e biólogos
  • Do subgrupo A1, consolidación, escalas de enxeñeiros industriais e biólogos
  • Do subgrupo A2, libre, escalas de enxeñeiros técnicos industriais e axudantes de aquivos, bibliotecas e museos especialidade arquivos
  • Do subgrupo A2, consolidación escalas: enxeñeiros técnicos industriais e axudantes de aquivos bibliotecas e museos especialidade arquivos
  • Do subgrupo C1, libre, escala de subinspección consumo