Achéganos a Administración os borradores de novas convocatorias de procesos selectivos para discutir nunha reunión que terá lugar o vindeiro mércores, 19 de xuño. Trátase dos seguintes procesos selectivos, tanto de acceso libre como de consolidación, correspondentes ás Ofertas de Emprego Público de 2009, 2011 e 2012:

- Escala superior de estatística (A1). Proceso extraordinario de consolidación

- Escala superior estatística (A1)

- Enxeñeiros técnicos agrícolas (A2). Proceso extraordinario de consolidación

- Delineantes (C1)

- Axentes ambientais (C1). Integración.

- Axentes ambientais (C1)

Co obxecto de pechar o resto de convocatorias en proceso de negociación, haberá unha reunión o venres, 14 de xuño. A publicación de todas estas convocatorias estaría prevista para o mes de xullo.