Xa está colgada no web de Función Pública a listaxe de postos dispoñibles para a fase de resultas. O prazo para presentar solicitudes remata o 12 de xullo.

O día 2 de xullo 2013 publicouse na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) a relación de postos cuxo sistema de provisión é o concurso e que estaban ocupados con carácter definitivo polos/as concursantes que formalizaron telematicamente solicitude de participación optando a postos relacionados no anexo I das bases da convocatoria.

Consonte ao apartado V das bases, o persoal funcionario que previamente presentara instancia de participación no concurso, poderá solicitar os ditos postos utilizando o modelo que estará a súa disposición na páxina web de Función Pública ata o 12 de xullo. Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, os/as aspirantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e posteriormente validalos e confirmalo.

Esta modalidade de resultas é innovadora no sentido que permite facer una 2ª fase de concurso que non é a cegas. Iniciouse con este concurso de informática pero ten vocación de aplicarse aos que se publiquen con posterioridade. De feito, aparece tamen no borrador da convocatoria das escalas de Finanzas.