Achéganos Función Pública un listado provisional de prazas para a adxudicación de destino definitivo ao persoal funcionario de diversas escalas da Administración especial da Xunta de Galiza que se atopan en destino provisional dende o seu nomeamento.

Este listado corresponde coas prazas que quedarán vacantes tras a resolución do concurso de traslados correspondente (en primeira fase e fase de resultas). Son as seguintes escalas:

  • Enxeñeiros/as técnicos/as forestais.
  • Enxeñeiros/as industriais.
  • Arquitectos/as.
  • Arquitectos/as técnicos/as.
  • Enxeñeiros/as técnicos/as de obras públicas.
  • Delineantes.
  • Facultativa superior de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.
  • Facultativa superior de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas
  • Axudantes facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.
  • Inspección urbanística

 

Se tes algunha observación, contacta connosco hoxe mesmo, mércores 4, no enderezo autonomica@cigadmon.gal.

Descargar listado provisional de prazas