Comeza a negociación da RPT completa de AMTEGA. Para a primeira xuntanza, 31/07/2014, tan só nos achegan unha táboa de equivalencias que, por sí soa non permite facer un estudo serio das asignación dos postos aos distintos centros de destino e áreas funcionais ao non existir unha RPT anterior sobre a que seguir os cambios. Xa que logo, pouco vai sair da xuntanza sen, como mínimo, unha memoria funcional que agardamos nos acheguen nos vindeiros días, como paso previo a un estudo serio e presentación de alegacións escritas.

Podes descargar a proposta nesta ligazón: descargar. Se queres dicirnos algo estamos á túa disposición no correo autonomica@cigadmon.gal.