Mércores, 05 Febreiro 2025Onte, día 4 de febreiro dende a CIG mandamos un escrito dirixido a Función Pública advertindo do que consideramos un erro na composición do tribunal nomeado pola resolución do 30 de xaneiro que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a ...
Martes, 04 Febreiro 2025O problema real é a falta de persoal!
Os atrasos na tramitación da dependencia e da discapacidade, tanto no proceso de tramitación, concesión de prestacións etc, teñen unha duración superior a un ano. Durante moitos anos dende a CIG levamos insistindo na creación de novos equipos e na dotación de prazas para que a cidadanía poda acceder nun prazo razoábel aos servizos que se prestan. A Xunta non só se inhibe senón que tenta poñer na diana ao seu propio persoal cunha novidade: achaca o ...
Luns, 03 Febreiro 2025Pasou medio ano dende a primeira e última vez que falamos desta proposta coa consellería de Educación (23/07/2024) . Do que aconteceu daquela demos conta aqui e o único que mudou foi que na nova proposta, na vez de amortizar 21 postos para crear 12, amortizan 28 para crear os mesmos 12.Continuamos invertendo a pirámide de recursos: aumentan os “cargos” e tamén as “cargas” pero as cargas para os/as de sempre, os postos base que sempre minguan: créanse 12 postos abertos a A1/A2/C1 de nivel 25 ...
Martes, 28 Xaneiro 2025Persoal existe e a Consellería sabe como contratalo; o CAPD podería estar aberto en menos de 5 días.
Ante a intención de privatizar a xestión do novo Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense, a CIG quere desmentir as afirmacións da Consellería nas que manifesta que non hai persoal técnico cualificado abondo na Consellería, algo do que si dispón, supostamente, unha empresa privada.
Se teñen o diñeiro suficiente, tal e como indican no informe, queremos lembrar que a ...
Mércores, 22 Xaneiro 2025
A CIG vén de presentar as alegacións ao informe da Dirección Xeral de Defensa do Monte (DXDM) sobre accións formativas e de adestramento do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais (SPIF), datado en novembro de 2024. No devandito informe figura o plan de formación dos SPIF para o período 2025-2028 e unha baremación para a selección do futuro persoal formador, entre outros.
- Ausencia dunha visión de conxunto da formación e implantación de plans de formación inconexos ...
Venres, 17 Xaneiro 2025Ante as dúbidas que se suscitaron por unha campaña alentando a todas aquelas persoas ás que non lle concederan o grao I da carreira en 2019 a presentar unha reclamación previa, e logo de ser estudado o caso pola nosa asesoría concluímos que NON É NECESARIO PRESENTAR NINGUNHA RECLAMACIÓN.
Se alguén presentou unha reclamación NON pasa nada, non sobra, pero vai ser irrelevante.
Lembra que o acordo asinado no 2019 por CCOO e UGT privaba ao persoal interino e temporal da carreira. Que a CIG ...
Venres, 17 Xaneiro 2025
Volve mandar a circular que retiraran sobre os tempos de programación dicindo que “negociaron” coa representación do persoal
O 31 de outubro de 2024, representantes do Comité intercentros, dos comités de empresa das catro provincias e representantes de Política Social, Axencia Galega de Servizos Sociais (AGASS) e Consorcio, reuníronse para negociar a restitución dos tempos de programación e reunións dos claustros nas escolas infantís (do consorcio e da AGSS) entre outros asuntos ...
Martes, 14 Xaneiro 2025
Hai unha semana a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), achegounos unha proposta de “acordo” polo que convocan os graos I, II e III extraordinarios da carreira administrativa e do complemento de desempeño (de aquí en diante referirémonos a eles como carreira profesional). O documento pretende reeditar os acordos anteriores sen apenas cambios substancias.
Dende a CIG temos claro que esta é unha oportunidade que se abre para cambiar o modelo de carreira, e ...
Martes, 14 Xaneiro 2025Nos últimos meses chegaron informacións á CIG, por diferentes condutos e con publicacións nos medios de comunicación (véxase https://i.gal/falsosautonomosegap), da existencia de sentenzas xudiciais contra a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) polas contratacións de falsas/os autónomas/os ou cesión ilegal.
Por este motivo, o pasado 26 de decembro de 2024, durante a xuntanza do Consello Reitor da EGAP, a CIG tratou precisamente esta cuestión da precariedade laboral e contratacións ...
Venres, 10 Xaneiro 2025
A CIG ven de rexistrar os milleiros de sinaturas recollidas no 2024 entre o persoal da Administración Autonómica solicitando a implantación con carácter inmediata das 35 hora de xornada semanal para todo o mundo da Administración xeral e un horario máis reducido para o persoal con xornadas especiais.
Na Administración Galega hai xa varios sectores (Sergas e persoal dos centros de Política Social), onde a xornada de 35 horas é xa unha realidade. Mesmo temos diferentes administracións ...
Venres, 10 Xaneiro 2025Tal e como os servizos xirídicos da CIG denunciaron no seu momento, o atropelo manifesto realizado pola Consellería de Medio Rural que desencadeou a folga na vaga de incendios do 2020, e as represalias ilegais cometidas contra as nóminas do persoal técnico, ven agora de decaer en firmeza no xulgado posibilitando así que se lle devolva aos/ás traballadores/as o roubado.
Agora so falta, tal e como reclamaron os servizos xurídicos da CIG xa daquela, que as persoas responsábeis desta desfeita ...