O pasado 10 de Xaneiro aprobouse unha modificación da RPT da consellería de Cultura na que se crean: unha nova subdirección xeral de innovación e formación, un novo servizo nesa subdirección; un novo servizo de inventario en Patrimonio e se modifican as estruturas dos servizos provinciais eliminando un dos servizos técnicos e creando catro xefaturas territoriais.

Todo este gasto en crear estrutura nova non baixa dos 250,000 euros anuais e por iso nos cabreamos. Nos cabreamos porque levamos anos reclamando que se doten os Museos de persoal, que se cubran as baixas nas bibliotecas, que o arquivo de Ourense non teña que pechar polas tardes, que a Biblioteca de Galicia poida abrir máis tempo e prestar verdadeiro servizo público, que os expedientes en Patrimonio non boten seis meses por falta de persoal arqueólogo e arquitecto, que o Arquivo de Galica non sexa o arquivo nacional peor dotado do Estado, que...

Habería mil sitios onde invertir en persoal, pero non, deciden inventarse unha subdirección case sen funcións, un servizo que non ten persoal debaixo e xefecillos políticos en provincias para colocar a quen saben quen....

Todos sabemos que necesitamos persoal que curre, que faga expedientes, que contabilize, xestione; e non coche oficial, secretarios e comidas no local de moda.

Agora toca afrontar a verdadeira reforma da RPT, e xa sabemos que van decir que non se pode incrementar o gasto do capítulo I, e visto o visto teñen razón, xa gastaron todo.........

Como dicimos no título trátase dunha verdadeira estafa piramidal, pero neste caso de pirámide invertida, cada vez máis xefes e menos currantes. E o pagamos todos.