Tivo que pasar case un ano para que a Consellería de Economía, Emprego e Industria reabrira a rolda de negociación cos sindicatos para tratar os temas dos pluses nos dous organismos apegados a consellería: o LOMG e GAIN.

Nesta segunda exposición corrixen algúns erros como os de poñerlle nomes aos postos como o de “responsable en...”, pero nunha sorte de café para todos (ou case todos) lle poñen pluses ata un auxiliar administrativo e un administrativo; ata aí poderíamos dicir que non é raro, pero o raro e que se lle poña o “complemento de perigrosidade”. Coñecemos moitos traballadores que para que se lle recoñecesen ese complemento tiveron que preitear contra a Xunta durante anos. Pero é mais, o posto de administrativo esta cualificado na RPT como grupo III Categoría 2 “xefe/de negociado” “encargado/a Adminstrativo/a” polo que o seu salario xa conleva unha diferencia salarial (de case 1.000 euros) do “Administrativo” grupo III categoria 62.

O peor de todo é que seguen coa teima de querer incrementarlle aos 2 “amigos” (do conselleiro ou do secretario xeral, quen sabe) o seu soldo en 6.721,82 € alegando responsabilidade no traballo que desempeñan, responsabilidade que non mostran en ningún documento ás organizacións sindicais.

Eses 2 “amigos”(do conselleiro ou do secretario xeral, quen sabe) seguen a facer traballo de “despachitos”, pero para mais datos, cada un ten na súa estrutura un xefe de servizo o cal e o responsable. Aclarar que “o pago polos servizos prestados” e que un foi Director da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial, o outro parece ser que foi xerente da antiga axencia.

A contestación do Secretario foi clara, non insistamos nas alegacións acerca dos 2 “amigos”(do conselleiro ou do secretario xeral, quen sabe) se lle quere incrementar no soldo 6721,82 €.

Pois non só lle imos insistir, senón tamén en dar toda a publicidade que se poida. Pola dignidade dos traballadores que para conseguir un plus real teñen que ir aos xulgados.