Función Pública enviounos os borradores das convocatorias de promoción interna a corpos xerais. Fixo por partes. Primeiro C1 e C2. Dias despois enviounos A1 e A2 con tan só dous días para alegar o que dificulta a difusión da información, a recepción das alegacións que nos achegan os compañeiros e compañeiras e o seu estudo en condicións adecuadas.
A CIG presentou as alegacións por escrito, pero o mesmo día que remataba o prazo para presentalas recibimos novos borradores dos catro grupos, con cambios importantes.
Os borradores iniciais eran inaceptábeis (desaparecera o mérito de grao e traballo desenvolvido, e a antigüidade non había por onde collela). Os novos son algo mellores, pero continúan sendo malos segundo a CIG.
O martes 17 vamos discutir as convocatorias nunha xuntanza co director xeral de Función Pública, e o mércores 18 discutirémolo na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos. Estas son as liñas da CIG:
- Queremos negociar criterios xerais e non seguir a dar bandazos dunha convocatoria á seguinte.
 - Que acumulen nestas convocatorias as prazas non cubertas na anterior promoción interna.
 - Rexeitamos que se impida a participación na promoción dende as escalas.
 - Que se conserve o aprobado da anterior convocatoria.
 - 3 ou 4 meses para o primeiro exercicio semella ser moi pouco tempo.
 - Queremos probas obxectivas, polo que rexeitamos o desenvolvemento de temas.
 - Non queremos volver ás antigas traducións na proba de galego: proba de galego tamén tipo test.
 - Se o máximo de antigüidade queda en 25 anos, a moita xente non se lle vai recoñecer moitos anos de servizos.
 - Mentres a Administración non acepte fixar criterios obxectivos para as comisións de servizos, rexeitamos que se valore o traballo desenvolvido nesa situación.
 - Incluír os cursos de formación de universidades, Servizo Público de Emprego, D.X. de Orientación ou escolas de idiomas.
 - Substituir temas por normas de dereito e revisar o programa.
 
| Corpo | Total prazas | Reserva discapacidade | 
| A1-Corpo superior (descargar borrador) | 46 | 5 | 
| A2-Corpo de xestión (descargar borrador) | 127 | 8 | 
| C1-Corpo administrativo (descargar borrador) | 195 | 14 | 
| C2-Corpo auxiliar administrativo (descargar borrador) | 52 | 4 |