No matadoiro de Macomusa, en Nigrán, prestan servizo dous funcionarios/as da escala de veterinarios/as. Pero Macomusa anunciou o seu peche. Que ten pensado facer Sanidade co persoal funcionario alí destinado?

A Lei do emprego público de Galiza establece o dereito á negociación colectiva e á representación do persoal ao servizo das administracións públicas, e concreta a representación na Xunta de Persoal, órgano unitario de representación do persoal funcionario. A LEPG recoñece unha serie de competencias a este respecto, como son: recibir información sobre a política de persoal, emitir informe sobre o traslado de instalacións ou revisión dos sistemas de organización, etc.

O peche de Macomusa semella ser un feito, pero a Xefatura Territorial de Sanidade en Pontevedra non tivo a ben dirixirse á Xunta de Persoal para informar sobre a situación e negociar as condicións de reubicación do persoal afectado.

A proposta da CIG, a Xunta de Persoal acordou dirixirse a Sanidade para lembrarlles a súa obriga e esixir que cumpran.