No DOG do 3 de xuño de 2020 veñen de publicarse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior subgrupo A1, corpo de xestión subgrupo A2, corpo administrativo subgrupo C1 e corpo auxiliar subgrupo C2 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

As listaxes de persoas aspirantes admitidas poderanse consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.