O horario de verán comezará o día 15 de xuño e podería ampliarase a máis centros administrativos que non o teñen actualmente.

O luns 8 de xuño, na reunión da comisión de seguimento do protocolo xeral de reincorporación, o director xeral de Función Pública, despois da esixencia da CIG de que hai que aclarar que pasa ao comezar a terceira fase prevista para o 15 de xuño con teletraballo para a conciliación da vida laboral e familiar, adiantanos que todo o persoal con menores de 16 anos ou con persoas con discapacidade ou maiores dependentes a cargo ata o 2º grao, e que estean afectados polo peche de centros de ensino ou de maiores, poderá seguir traballando na modalidade de teletraballo durante a terceira fase. Terán que xustificar a súa situación. O mesmo acontece coas persoas vulnerables ou embarazadas. Con aqueles que na terceira fase non teñan o posto adaptado: en ningún caso se poderán reincorporar ao traballo presencial.

O director xeral comunica que a terceira fase poderá ampliarse máis aló do 28 de xuño se as condicións sanitarias se manteñen, o que non esgota as posibilidades de teletraballo do Decreto do Estado (que son tres meses máis dende o remate do estado de alarma). Isto se ben palía a falta de medidas durante un período decisivo non cubre as as nosas expectativas: hai que estender o teletraballo Covid e establecer máis medidas de conciliación. Aínda así quedan moitas preguntas sen respostar: que acontece coas persoas que non teletraballan e necesitan conciliar?

Doutro banda tampouco o que nos adiantan é nada que non se contemple no propio protocolo. Por iso esiximos:

1. Ampliar o teletraballo por conciliación (COVID) ao menos ata o comezo do vindeiro curso escolar.

2. Data para a mesa de traballo para a regulación do teletraballo ordinario. O director xeral se compromete a enviar mañán os datos para a constitución da mesa).

3. Fomento do teletraballo COVID ata a normalización da situación sanitaria como medida para evitar a concorrencia de persoal nos centros.

4. Cumprimento das garantías previstas no protocolo para a comprobación das medias preventivas por centros e revisión das avaliacions de riscos laborais e análise previo nos respectivos CSSL antes da terceira fase e da apertura dos centros a usuarios.

5. Medidas de conciliación efectivas para as persoas que non poden realizar teletraballo e se atopan cos mesmas situacións de persoas a cargo ou vulnerabilidade.

6. Esiximos a implantación inmediata do horario de verán en todos os centros ata o inicio do curso escolar. Resposta o DXFP que o horario de verán comezará o día 15 de xuño e ampliarase a máis centros administrativos que non o tiñan.