A CIG denunciou, perante a Direccion Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social a situación na que están as Escolas infantís na apertura dos centros de traballo e a incorporación das crianzas a falta de negociación dos protocolos e de Avaliacións de Riscos Laborais.

Por erro, non convocaron ao Consorcio e tampouco á Consellaría de Política Social, agás á xefatura Territorial da Coruña, polo que, a Inspectora de traballo, aínda tratando todos os asuntos que se denunciaban vai convocar de novo desta vez ao Consorcio, Consellaría de Política Social e representantes dos traballadores.

Entre outra documentación que require a Inspección de Traballo ao Consorcio e Consellaría está:

  • Adaptacións do protocolo COVID e plans de continxencia dos centros de traballo
  • Elaboración dunha listaxe de verificación para detectar as carencias, tanto materiais como de persoal, para o cumprimento do protocolo COVID
  • Listado de responsables COVID dos centros
  • Peticións do Consorcio aos concellos para o incremento da limpeza das escolas, con listaxes de todas elas co persoal asignado e ratios. Tamén o persoal de servizos xerais asignado a cada a cada centro para tarefas de limpeza e desinfección e en que centros se incrementou este persoal. Ademais, se se incrementou o persoal educativo
  • Informe sobre as escolas do Consorcio sobre a existencia de locales adecuados destinados a vestiarios e taquillas; tamén se hai uniformes en cantidade suficiente
  • Revisión do protocolo en relación co uso da protección respiratoria ( 2 máscara cirúrxicas por xornada e uso de EPI -FFP2- naqueles momentos da xornada nos que sexa imposible gardar as medidas de seguridade e para o persoal vulnerable)
  • O Consorcio terá que comunicar o número de peticións de conciliación recibidas e cantas foron resoltas, así como as que foron denegadas, motivadamente

Na CIG seguimos na loita na defensa do persoal, da súa seguridade e das persoas usuarias e agradecemos a rapidez da autoridade laboral. Se tes algunha cuestión ponte en contacto cos teus delegados e delegadas….