A autoridade laboral achega unha proposta de requerimento a raíz da denuncia que a CIG-Autonómica fixo en setembro pola ausencia de medidas preventivas nos centros educativos

Logo de varias citacións a Consellería de Educación foi incapaz de demostrar ante a Inspección de traballo e Seguridade Social que cumpriu os mínimos que marca a Lei de Prevencion de Riscos Laborais para a protección da saúde do persoal traballador fronte á Covid-19.

Da análise do informe da Inspección de Traballo demóstrase que:

1. A imposibilidade da nosa Consellería mediante o seu servizo de prevención propio de facer as avaliacións específicas para cada centro, polo que contrata a CUALTIS constatándose que tampouco se fai o traballo xa que son prácticamente idénticas en todos os centros e ademais non reflicten as medidas de prevención.

A Consellería indica que soamente son modelos e que cada centro adaptaraos, pero revisando modelos concretos a Inspección detecta as seguintes cuestións:

a) están obsoletos xa que non están adaptados á última versión do protocolo xeral polo que precisan revisión.
b) hai contradiccións, xa que non queda claro por exemplo que tipo de protección hai que levar cando se acompaña a un posible caso á aula COVID nin como se protexerá ó persoal limpador que terá que desinfectar posteriormente esa aula. A Inspección deixa claro neste punto que é necesario un equipo de protección frente oa risco biolóxico e que deben estar especificadas as súas características técnicas así coma o marcado (UNE) segundo a normativa correspondente.

2. O servizo de prevención é quen ten que determinar os escenarios de exposición ó risco do persoal e revisado pola Inspección tamén fai constar que se dan dúas circunstancias curiosas xa que estima:

a) que todo o persoal ten baixa probabilidade de exposición se se cumpren unha serie de condicións (distancia, uso de máscara, ventilación…) cousa que non se pode garantir en tódolos casos.
b) que o persoal docente e o de limpeza (descoñecemos por que o resto non) son de baixo risco pero non se contempla nin en que condicións se da ese risco e tampouco determina que EPIs deberían levar neses casos.

3. Respecto da valoración do persoal vulnerable fronte a COVID tamén queda claro o que a CIG ven dicindo dende o minuto cero. Ten que ser o servizo de prevención quen debe valorar cada posto determinando se o traballador ou traballadora é vulnerable e de ser así debe adaptar o posto.

4. Tamén queda suficientemente claro que todo o persoal da Consellería de Educación non foi formado nin informado adecuadamente frente ao risco da COVID.

Puntualmente tamén se fai referencia neste requirimento a persoal concreto:

  • Respecto do persoal coidador a Inspección especifica que este persoal ten a obriga de vixiar o cumprimento de determinadas medidas de protección pero non se especifica nada sobre a súa protección polo que insiste na necesidade da valoración sobre o nivel de exposición deste persoal e a necesidade de dotalos dos EPIs pertinentes (alomenos máscaras FPP2 para as tarefas de maior risco).
    Fai isto extensivo ás clases de audición e linguaxe, polo que entendemos que inclúe tamén o persoal intérprete de linguaxe de signos.
  • Respecto do persoal de limpeza, ainda que a consellería considera que o reforzo das tarefas de limpeza non tería que conlevar obrigatoriamente o incremento do persoal, aínda así ese reforzo fíxose con 77 acumulos de tarefas en todo o país. Para a CIG segue a ser insuficiente e esiximos que se fago extensivo a todos os centros.
  • Respecto do persoal de cociña a consellería tamén entende que o incremento de quendas non ten que conlevar incremento de persoal, xustificando que soamente se tiveron 7 peticións de axudantes de cociña e dicindo que as persoas usuarias dos comedores de xestión directa diminuiron respecto do ano pasado. A CIG entende que isto é inaceptable porque non pode depender de se hai solicitudes de persoal por parte das direccións dos centros e poñemos en dúbida o dato da baixada de comensais xa que non se nos facilitou esa información.

Queda claro, polo tanto, que a Consellería de Educación despreza ó seu persoal xa que vai poñendo parches constantes fronte os requerimentos que lle vai facendo a Inspección despois da nosa denuncia, de non ser así:

- nin avaliación de riscos
- nin protección do seu persoal
- nin incremento de persoal para asumir a carga de traballo
- nin valoración do persoal vulnerable

A Inspección dálle de prazo á Administración até o 16 de decembro para achegar toda a documentación que xustifique a corrección das deficiencias contrastadas tras as denuncias da CIG.