Despois da parálise dos prazos que houbo pola declaración do primeiro estado de alarma no ano 2020 e rematado o prazo que se abreu por un período similar ao paralizado desde o 1 de xuño ao 18 de xullo rematouse o exame das solicitudes presentadas e por fin no DOG do 3 de decembro de 2020 publícanse as listaxes provisionais de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

As listas poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012, e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

RECLAMACIÓNS: Hai un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, para presentar reclamacións perante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Dende a publicación desta resolución todas as persoas solicitantes, tanto as provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos. Un modelo de solicitude pódese atopar no portal web corporativo da Xunta de Galiza.