A EGAP publica no DOG do 1/2/2021 a Resolución pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Os prazos para presentar as solicitudes é de dez días a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

As solicitudes teñen que facerse dende a URL: https://egap.xunta.gal/matricula

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a dúas.

Entre os criterios de selección hai unha proba de nivel, tanto en modalidade de teleformación como presencial.