O evidente caos que se está a producir co comezo das vacinacións nos centros educativos xera unha gran alarma xa que de seguir así haberá centros onde haxa parte do persoal vacinado e outra parte pola contra sin vacinar, poñendo así en risco a toda comunidade educativa.

Para a CIG-Autonómica debe ser un criterio axustado a prevención do risco laboral que é a covid, tendo en conta tanto o mantemento de todo o servizo educativo como o factor sanitario e por suposto a dispoñibilidade de vacinas.

A Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade nun documento conxunto enviado ás direccións dos centros deixaba claro que a vacinación abranguería progresivamente a todo o persoal docente e non docente dos centros educativos non universitarios, públicos e privados. Que a única priorización sería o persoal menor de 55 anos segundo o establecido na “Estrategia de Vacunación Covid-19” do Goberno de España e en función da dispoñibilidade de vacinas subministradas polo goberno central.

A derradeira versión da “Estrategia” do Goberno (09.02.2021) establece o “Grupo 6B. Docentes y persoal de educación infantil y educación especial, incluyendo tanto docentes como otros profesionales que atienden al alumnado” e o Grupo 6C. Docentes y personal de educación primaria y secundaria”.

En vista do anterior, a CIG-Autonómica non entende nin comparte que non se tivera en conta á representación do persoal non docente á hora de tratar este asunto para buscar solucións que non discriminen a este persoal.

E por outra banda, parece esperpéntico que unha consellería, teñan que asinar un documento cunha parte da representación do persoal para lembrarlle a outra consellería que está a incumplir tanto a normativa do Goberno do Estado como o seu propio Plan Galego de Vacinación

Dende a CIG-Autonómica esiximos a vacinación dos centros enteiros e a todo o seu persoal: docente, non docente, de empresas e concellos, colaboradores/as... porque o risco de contaxio é o mesmo e ademais é a única forma de garantir que o servizo siga funcionando.

Todas e todos somos esenciais !!