O DOG do 08/03/2021 publica a convocatoria de actividades de formación continua da EGAP en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracions territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administracións e servizos das tres universidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

Case a totalidade dos cursos son mediante teleformación, agás tres que serán presenciais en Santiago de Compostela.