Recibimos borrador da convocatoria do proceso selectivo para as prazas de persoal funcionario das escalas sanitarias (Lei 17/1989), correspondente ás OEPs dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021. 

Xa era hora, xa non lles cabía no corpo nin un minuto máis a cara de vergoña de que a 21 de xullo de 2021 nos enviaran o primeiro borrador para negociar a convocatoria duns postos que comezaron ofertando no ano 2018.

Xa fai días que recibimos aviso de que o temario estaba a circular, esquecendo, se cadra, que o persoal funcionario escolleu aos seus lexítimos representantes nas eleccións sindicais. E cando nos chegou, foi con copia a sindicatos que representan ao persoal sanitario, non ao persoal funcionario.

Temos de prazo ata o 20 de agosto para presentar alegacións escritas. Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.