No DOG 18/10/2021

- REQUISITOS:

• Ter 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación (65 anos no caso do persoal funcionario)
• Figurar admitido/a nalgunha lista das categorías de persoal laboral equivalentes ao corpo no que solicita a inclusión (non poden anotarse os/as que se atopen penalizados a día 15 de xullo de 2014 ou antes)
• Ter nacionalidade española ou dalgún país membro da UE; ou ser cónxuxe , ascendente ou descendente de español ou dun membro doutro pais da UE sempre que non está separado de dereito
• Posuír as capacidades funcionais para o desempeño das funcións propias do corpo no que se anota.
• Non ter sido separado/a ou despedido/a por expediente disciplinario de ningunha administración pública.

- As solicitudes faranse preferentemente por vía electrónica (código de procedemento AP522U)

- As instancias dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

- Non é preciso presentar ningunha documentación coa excepción das persoas que non teñan nacionalidade española

- Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de outubro ao 18 de novembro (ambos inclusive)