A través da páxina de transparencia da Xunta pódese acceder ao borrador do proxecto de decreto de modificación do artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

O cambio proposto fai referencia ao prazo de actualización anual de méritos que no actual decreto establece que se fará anualmente no mes de febreiro e na modificación proposta esta actualización omite fixar prazos mantendo únicamente que se fará mediante resolución da Dirección Xeral de Función Pública que se publicará no DOG.

A xustificación deste cambio segundo manifesta a administración, é porque nalgunhas listas de persoal funcionario (caso de subalternos, administrativos e outros) deben puntúar, tras os procesos de funcionarización, o tempo traballado en varias categorías de persoal laboral e polo tanto precisarían máis tempo para actualizalas.

O prazo para remitir suxestións: 31/01/2022. Contacta coa CIG.