No DOG do 01/02/2022 publican a Resolución do 27 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade da campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2022 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galiza.

É aplicable a todos/as os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de Galicia, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia) ou do Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).

A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude. Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento, que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición rematará transcorridos 4 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.