Novo listado enviado dende a Dirección Xeral de Función Pública, o xoves 5 pola tarde.

Esta é a comunicación que recibimos:

Seguindo instrucións da subdirectora xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal, da Dirección Xeral da Función Pública, achégase arquivo Excel coas prazas ofertadas (anexo II) na resolución pola que se convocan para a elección de destino definitivo das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso en A1 Promoción interna, A1 libre, A2 PI, A2 libre, C1 PI, C2 PI e C2 libre, que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia.

 As claves para as persoas aspirantes serán enviadas o luns e martes, 9 e 10 de maio.

 Desde o 11 ao 18 de maio, inclusive, deberase realizar a elección correspondente.

Seguimos sen recibir resposta ás numerosas alegacións que mecanizamos na aplicación de postos de Función Pública.