Recibimos varias convocatorias de xuntanzas, e as respectivas documentacións, pola OEP extraordinaria do ano 2022. 

Función Pública envia as organizacions sindicais o luns 16 o mesmo documento que vai para a Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos deste venres 20 de maio. Neste borrador non aceptaron máis que dous apuntamentos sobre a separación das ofertas e as bolsas de interinidade. Na CIG queremos discutir máis cousas, como os criterios das convocatorias e os baremos do tempo traballado. 

A dirección xeral de Función Pública non acepta discutir e por outra parte manten criterios discriminatorios como empregar unha data de referencia posterior (30/12/2021) á que indica a propia lei da temporalidade (31/12/2020) para excluír os procesos convocados con mala fe en decembro unha vez que coñecía o contido da lei que se ía publicar. 

Aquí tes os borradores de decreto e criterios da OEP da DXFP. Descargar

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocounos a unha xuntanza o luns 23/05/22. Enviounos un documento coa relación das súas prazas afectadas. Descargar

E Sanidade enviou o borrador de decreto da Oferta e relación de prazas das escalas sanitarias (Lei 17), entregados para unha xuntanza o día 19/05/22 e inmediatamente, sen máis negociación, unha Mesa Xeral de negociación de Empregados Públicos ao día seguinte, 20/05/22. Descargar

Poñemos aquí tamén os últimos listados de prazas (actualizados a 18/05/2022):

Quedaran en enviar outros listados pero non cumpren a palabra.