O xoves 27 de xullo tivemos unha primeira toma de contacto na que o director xeral da Función Pública deu resposta ás alegacións das organizacións sindicais ao baremo dos criterios da OPE extraordinaria 2022 (Lei 20/2021). A negociación destas bases xerais para as convocatorias de establización non será ata setembro. 


A Administración móvese nestes termos:

1. Pide baremo sinxelo e que permita axilidade para non enredarse durante anos (no que son expertos).

2. Acepta que o coñecemento do Galego sexa requisito e con proba eliminatoria. Tamén no concurso de méritos!!

3. Valor do tempo traballado

  • Muda a súa proposta inicial (que valoraba igual o traballo en calquera admón autonómica) e agora estudan valorar o dobre na administración convocante.

  • Segue sen valorar unicamente o tempo traballado como temporal/interina (din que por motivos legais). Valolar o tempo como fixo/a podería producir unha mobilidade entre diferentes administracións furtando prazas a estabilización.

  • Négase a valorar o tempo traballado en diferente categoría (de seguir na teima o persoal temporal ou interino que leva anos rotando de categorías quedaría con menos opcións). Porén si aceptan valorar categorías equivalentes,  sucesorias ou extintas si se ocupa o mesmo posto.

  • Non puntuará o tempo de inactividade do persoal fixo descontinuo. 

4. Formación: Admite baixar o número de horas para acadar o máximo e tamén ampliar as entidades válidas para a formación (universidades, consellerías e entes convocantes). Polo de agora manteñen o minimo de 8h/curso. 

5. Conciliación: Eliminan a limitación dos 5 anos anteriores para puntuar.

6. No baremo da superación exercicios selectivos eliminan “os 10 últimos anos”. 

7. Autoavaliación: seguen insistindo en revisar só o equivalente ao dobre das prazas convocadas co argumento de axilidade ou celeridade e que non é novidade xa que este sistema o emprega o ensino e outras administracions. 

8. No apartado da puntuación por estar nas listas van admitir máis listas públicas e decretos anteriores.

9. Desempate: Sorprendentemente dúas organizacións sindicais cuestionaron a obriga legal de favorecer a infrarrepresentación feminina nun corpo e escala e Funcion Publica o vai comprobar. Para desempate falase, logo deste, da maior antigüidade na administración convocante e na praza pero todo isto ainda está en cueiros.

Concurso-oposición

  • Servizos profesionais, formación e conciliación será o único que conte na valoracion de méritos Eliminan o baremos de listas, exercicios e de titulación. No A1 e A2 tentarán que non sexan máis de dous exercicios e no resto un só exercicio. Non eliminan o de “preferentemente” tipo test polo que pode haber outro tipo de exame. 

  • Parece que aceptarán chegar ao 35-5 no baremo do concurso-oposición.

Concurso de méritos:

  • De momento manteñense no 60-40 e os 25 anos para acadar o máximo en servizos profesionais. Non queren modular este máximo para chegar ao tope de servizos prestados diferente segundo o máximo do ente ou categoría/corpo escala.

  • Vai irse a un baremo homoxéneo para a administración xeral e entes ou organismos no ámbito das oposicións que convoque FP (AMTEGA, ATRIGA, CONSORCIO…) 

  • Vai determinar cales van ir con convocatorias separadas (que poderán ser SOGAMA, PORTOS e  SEAGA por exemplo), que negociarían o seu propio baremo dacordo cos criterios xerais de funcion publica. Recoñecen que nas de funcion publica teran que dar unha volta ao valor das prazas de entes e van facernos unha proposta para negociar esta cuestión, pero avisa que se non hai acordo, vaino impor (como sempre).