Á Mesa Sectorial e á Comisión de Persoal do día 20/09/2022 leváronse as modificacións de 3 RPT’s, que aínda que de xeito moi reducido todas implican a creación de postos de traballo, algúns de carácter temporal, e ningunha amortización, polo que nos tres casos votamos á favor.

1. RPT de Medio Rural

A CIG votou a favor desta modificación ao tratarse de creación de prazas, 1 praza de arquitecto/a superior e outra de arquitecto/a técnica.

2. RPT da Axencia Galega da Industria Forestal

Créase unha unidade temporal para a xestión de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Son 3 postos de enxeñería de montes e dúas xefaturas de sección. A Administración atende a nosa petición, á que se suman os demais sindicatos, de abrir os postos á escala de enxeñería técnica forestal. Votamos a favor.

3. RPT do Instituto Galego de Estatística

Créase 1 praza para que poidan tomar posesión todas as persoas do último proceso selectivo. Votamos a favor.