Na Comisión de Persoal do día 20/09/2022 o director xeral de Función Pública comentou como está a situación dos procesos selectivos en curso, tanto de libre como promoción interna:

  • A1 iniciaranse os procedementos de actos de elección de destino do A1, a semana que ven, á última de setembro.
  • A2 a semana que ven ou a seguinte, a primeira de outubro.
  • C1 tardarán “un pouco máis”.
  • C2 aínda falta o baremo. Finalizarían a finais de outubro.
  • Escala de psicólogos, “pronto”.
  • Traballo Social e Educación Social en setembro.
  • Veterinarios e bombeiros forestais (1400 aspirantes polo que é complicada a baremación) irían “despois”.

Criterios para a elección de destino destes procesos

O director xeral explica que no caso do A1 hai 47 vacantes puras. Fíxose petición ás consellerías onde das prazas que figuran moitas pon que son para amortizar cando vacantes ou no caso de Sanidade son prazas de persoal estatutario. Outras están “comprometidas” (sic) en comisión de servizos. No caso de engadir máis incluirán as ocupadas por persoal interino coa menor antigüidade no posto.

Se van dar tomas de posesión provisional. O sistema de elección de destino será telemático, similar aos anteriores: 2 días para recibir a clave e 5 para elixir.

Nesta semana iran saíndo outros procesos e en outubro estará todo feito.