Recibimos nova proposta de modificación desta Relación de Postos de Traballo, con prazo para alegar ata o día 4 de novembro. Como curiosidade, desta volta quen pide alegacións é a Dirección Xeral de Función Pública. Curiosidade porque quen pide alegacións normalmente é cada consellería, antes de enviar a proposta a Función Pública. Algo se coce porque nós xa nos reunimos coa consellería, e xa lle presentamos alegacións.

Se queres achegarnos algo, podes contactar coa CIG.