Recibimos nova proposta da modificación da Relación de Postos de Traballo de Augas de Galiza, e convocatoria para unha xuntanza que teremos o venres 4 de novembro. Se é do teu interese, podes descargar a documentación e contactar coa CIG.

Este proceso está tamén relacionado coa integración en Augas do persoal da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH). A tal efecto foinos requirida a representación da CIG para participar na comisión que vai revisar o proceso, polo que agardamos que o traballo comece de inmediato.