No DOG do 29/12/2022 publican a Resolución do 23 de decembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galiza.

Fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño temporal de postos reservados ao persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012, e nas oficinas de Rexistro e Atención á Cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).