Ante o rumor de que persoas interinas que aprobaron procesos selectivos deben comunicar por escrito a súa praza a Función Publica para que lles sexa ofertada, o director xeral de Función Pública desmínteo e aclara:

1. As prazas vanse a ofertar en destino provisional. 

2. Dada a excepcionalidade ofertaranse preferiblemente as que ocupan as persoas aspirantes que aprobaron para evitar que salte o mínimo de persoas temporais e interinas.

3. A relación de prazas vaise publicar no DOG nestes días, e escolleranse por orde, coma sempre. 

4. Ademais lembra que se ofertarán no seguinte concurso de traslados e as que queden serán as que se ofertarán por orde de prelación das persoas aspirantes como destino definitivo, tal e como se ven facendo habitualmente.