O Instituto Galego de Estatística (IGE), convocounos a unha xuntanza para o día 1 de marzo, para tratar unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT). Se é do teu interese, aquí tes a súa proposta: descargar.

Nunha ollada rápida, a proposta implica a creación dunha xefatura de sección (A1/A2), que financian mediante a destrución de dous postos de auxiliar administrativo (C2).