A Dirección Xeral de Función Pública enviunos un proxecto de decreto polo que se regula o estatuto do persoal laboral de investigación da Administración xeral e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galiza. Retoman así a negociación que comezara en novembro do 2022. 

Temos de prazo para presentar alegacións ata o día 17 de marzo, polo que se queres achegarnos algo, podes contactar coa CIG.