A EGAP publica no DOG do 17/03/2023 a Resolución pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 27 de marzo de 2023. Presentaranse dende o web da EGAP, en https://egap.xunta.gal/matricula. O máximo de cursos que se poden solicitar é de tres.

Existen algunhas actividades formativas que se realizarán en modalidade mixta (teleformación + presencial), pero a maioría son mediante teleformación.