A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ven de publicar instrucións sobre a comunicación da incapacidade temporal que afecta a persoal docente e non docente de centros públicos de ensino.

Do 1 de abril en diante suprímese a obriga da persoa traballadora incluída no Réxime xeral da Seguridade Social de presentar o parte de baixa, de confirmación ou de alta médica á empresa.

Esta instrución non é aplicable ao persoal que pertenza ao SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL.

Polo tanto o persoal non docente e docente do Réxime xeral da Seguridade Social que presta servizos en centros públicos docentes dependentes desta consellería deberá comunicar a situación de incapacidade temporal e a previsible duración desta mediante a páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais, lapela "Comunicación de incapacidade temporal"sen que sexa preciso que se suba á dita páxina ningún parte médico (baixa, confirmación ou alta).