Publicarase proximamente a actualización de méritos do ano 2022. Mentras non estea activa a nova lista de “AP cociña e limpeza”, seguirán a citar polas listas antigas (camareiro/a ou limpador/a, segundo decida cada consellaría) para os postos de funcionarios.

A aceptación do chamamento será voluntaria e non puntuará para as listas (isto será advertido na citación).

Tomouse a decisión de que como no tema da xubilación en listas non se pode ir aumentando a idade de xubilación aos poucos, como fai a lei, só se vai excluír a quen teña 67 anos cumpridos.

Puntúan para as listas aqueles exames nos que se alcanza a puntuación mínima que marca a convocatoria para superar o exame.