Recibimos borrador da Resolución pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacante dos corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Descargar

Os sindicatos temos de prazo para presentar alegacións ata o venres 14 de xullo. Se é do teu interese, contacta coa CIG.

As intencións manifestadas polo director xeral de Función Pública é pechar a negociación deste concurso en xullo, deixando para setembro o listado de prazas e a publicación da convocatoria. 

O que convocarían serían as escalas de Administración especial de política social, enxeñarías e veterinarios/as, e aquelas escalas que poidan ter prazas compartidas con estas mencionadas.

Para a CIG, que convoquen só unha selección de escalas de Administración especial é insuficiente. Non abonda, e esiximos que se convoque o concurso de traslados de TODAS as escalas, tanto de administración xeral como especial, así como de corpos xerais. E tamén do persoal laboral.