A Consellería de Sanidade convocounos a unha xuntanza para o día 14 de xullo, para tratar unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT), consistente na creación dunha unidade de matadoiro móbil.

O asunto xa o teñen avanzado, pois aportan un acordo entre as consellerías de Sanidade e Medio Rural, e na proposta falan ata das instalacións. Por tanto, esto é algo que levan tempo cocendo.

Porén, aos sindicatos nolo entregaron case ás 15 horas do mércores 12, para unha xuntanza a media mañá do venres 14. Non actúan con boa fe, non respetan o principio de mutua axuda á que obriga o EBEP e a LEPG. Non median 48 horas, e a CIG xa comunicou que non vai asistir e non daremos por valida esta xuntanza nas posteriores que necesariamente haberá.

Se é do teu interese, aquí tes a súa proposta: descargar. Para achegarnos o que consideres, podes contactar coa CIG.