O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o mércores 09/08/23, coa seguinte Orde do día:

1. Acordo para a integración do persoal do GAIN nas estruturas da administración da Xunta de Galiza. Descargar.

2. Proxecto de Orde pola que se modifica o Anexo do Decreto 165/2019, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo da Xunta de Galiza. Descargar

3. Acordo sobre condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia da consellería de Política Social e Xuventude. Descargar 

Nota: o DXFP anunciou nova versión deste acordo de Política Social antes das 11h do martes 8.