A Consellería de Medio Ambiente segue a recorrer a contratación externa para a realización de traballos permanentes e de reforzo no Parque Nacional das Illas Atlánticas e nos Parques Naturais na vez aumentar o cadro de persoal propio.

A empresa pública estatal EMPRESA DE TRANSFORMACIÓN AGRARIA SA, SME, MP. (TRAGSA) a que se lle deu a encarga, na práctica, a día de hoxe esta a realizar funcións propias de persoal empregado público. Por exemplo, contratou persoal para a vixilancia nos espazos, guía e información, tarefas de mantemento, etc…

Aínda que xa máis 20 anos que a Xunta comezou coa contratación con TRAGSA nestes espazos, agora o aumento de persoal e de funcións é destacable xuntando en catro encargas máis de 3,7 millóns de euros, sendo a duración dun mínimo 2 anos e para traballos que consideramos necesidades permanentes, pois lévanse a termo todos os anos.

As instalacións, moito do material, funcións e tarefas son compartidas co persoal empregado público: temos guías de TRAGSA e guías da consellería, vixiantes de TRAGSA e vixiantes da consellería, persoal de mantemento de TRAGSA e da consellería… Auméntase o persoal coa empresa e non se trata de traballos novos, son os reforzos de tempada.

Ante esta situación a CIG ven de solicitar á consellería a información completa destas encargas cos pregos de condicions e especificación do número de  contratos por categoría, espazo e funcións para facer a análise xurídica da súa legalidade. Ademais esiximos delimitar as tarefas e funcións para evitar problemas de descoordinación, e saber quen son as persoas supervisoras nomeadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Rexeitamos que os reforzos de persoal se fagan por TRAGSA polo que, instamos a Vicepresidencia 2ª e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a que abra un proceso negociador para dimensionar e axustar as necesidades e crear os postos xa na RPT.

Lembramos que outros servizos externalizados doutras consellerías pasaron a xestión directa sen problemas (non computan taxa de reposición) e que os reforzos se fan coas figuras previstas na LEPG ou aumentando o cadro de persoal propio como demandamos dende a CIG.

E preguntámonos, cal e a razón pola que a consellería teima na contratación con TRAGSA se os servizos externos son máis caros e producen maiores problemas na coordinación do persoal nos espazos de xestión propia?


https://www.contratosdegalicia.gal/encargo?OP=55&E=706&OR=417&ID=801&S=E&lang=gl

https://www.contratosdegalicia.gal/encargo?OP=55&E=681&OR=417&ID=801&S=E&lang=gl

https://www.contratosdegalicia.gal/encargo?OP=55&E=607&OR=417&ID=801&S=E&lang=gl

https://www.contratosdegalicia.gal/encargo?OP=55&E=540&OR=417&ID=801&S=E&lang=gl