Perpetúa deste xeito a discriminación existente cara ao persoal cun vínculo temporal, que seguirá con menos posibilidades de acceso á formación até entrado 2024. 

A EGAP enviou ao DOG  tan só uns días despois do último consello reitor unha corrección da Resolución da EGAP 10 de maio (DOG do 23 de maio de 2023 - novas condicións de participación na formación). Con esta "corrección de erros" o que fan é ampliar o prazo de 3 a 6 meses para a entrada en vigor dos novos criterios de acceso á formación.

Como consecuencia, até 2024 non aplicarán os novos criterios e, ao longo de todo 2023 seguirá en vigor a Resolución da EGAP do 4 de xaneiro d0 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Agora ben, tanto os criterios de acceso do 2008 como os de 2023 aínda son discriminatorios no referido á igualdade: non responden a unha diagnose de xénero da situación real da formación do persoal (nin a criterios negociados no ámbito do I Plan de Igualdade) e non adoptan ningunha directriz de xénero baseada nesa diagnose (xa que todos os criterios de selección son decisión unicamente da EGAP). Ademais, lembramos que os criterios de 2008 contraveñen a xurisprudencia por ser discriminatorios cara ao persoal non fixo, motivo polo que estes criterios en vigor até finais de 2023 prolongan no tempo a dobre discriminación cara ás empregadas públicas da Administración Xeral da Xunta de Galiza.