Publicación do procedemento actualizado para o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A CIG instou ao Consorcio, no seo do Comité de Saúde Laboral, a que actualizaran o protocolo de actuación nos casos de embarazo das traballadoras das escolas infantís de cero a tres anos

Despois de denuncialo en numerosas ocasións, a CIG conseguiu que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar manteña fóra do posto de traballo as embarazadas dende o momento que comunican o seu estado.

Pese a que o risco biolóxico está recoñecido dende o coñecemento do estado do embarazo (Sentenza do Xulgado do Social nº 5 de Vigo e Sentenza do TSXG, sala do Social, gañadas pola CIG) e as traballadoras xa non deben ir ao centro de traballo ao comunicaren o seu estado de xestación, o protocolo de actuación polo que se rexían as direccións dos centros estaba desactualizado dende hai anos.

Isto daba lugar a que algunha das persoas responsables dos centros e tamén a Ibermutua (cando atendía ao teléfono dende outras localizacións fóra da Galiza) non protexeran a saúde da traballadora xestante nin á súa futura descendencia.

Agora, tras pedilo en numerosas ocasións, publícase e dáselle difusión, por fin, ao dito protocolo.

O protocolo telo á túa disposición na wiki:

https://wiki.igualdadebenestar.org/Prevencion+de+Riscos+Laborais#Maternidade_e_lactaci_n

Non esquezas que a wiki é de acceso para todas as traballadoras e traballadores do Consorcio e, no teu centro de traballo, débenche facilitar a chave para acceder.

Se precisas axuda non dubides en poñerte en contacto coa CIG