En vindeiros días vaise tratar o incremento do importe dos gastos de desprazamento pasando de 0,19 a 0,26 euros/km, tal e como se estableceu con carácter básico tal e como che contamos, é que xa na Administración do Estado se aplica dende o 18 de xullo deste ano.

Aínda así, temos manifestado en varias ocasións que estes importes levan conxelados máis dunha década e sumando a isto o prezo á alza dos carburantes a suba é moi xustiña, sendo benevolentes ao adxetivala.

Función Pública di que van procurar levar á Mesa Xeral e á Comisión de Persoal para a súa aprobación “esta semana ou a que vén”. Pero din que non vai ter carácter retroactivo dende o 18 de xullo como temos demandado senón dende a súa aprobación, co que a parsimonia da Xunta a acaba pagando o persoal que tivo que facer desprazamentos dende o verán ata agora.

O que si parece que van atender é a demanda histórica da CIG de actualizar e eliminar diferenzas das axudas de custo de xantar e aloxamento entre os distintos grupos de clasificación, tendo en conta que non poden sobrepasar o límite para a tributación.

Desta demanda de acabar cunha das diferenzas máis clasistas que aínda existen na administración, imos ver que alcance se lle dá pois non se aportou ningún dato.