Novas por contido

Ao abeiro da campaña electoral para as eleccións xerais do 23 de xullo, a CIG Autonómica vén de presentar aos partidos políticos presentes na Galiza unha batería de propostas sobre materias de competencia estatal que afectan ao persoal empregado público da Administración xeral da Xunta de Galiza

Con esta iniciativa pretendemos que os partidos políticos galegos tomen en consideración nos seus programas electorais para as eleccións do 23 de xullo as propostas que dende a CIG Autonómica lles trasladamos por escrito, e que van encamiñadas na procura dunha mellora das condicións laborais do persoal empregado público e da calidade dos servizos públicos en xeral.

  • Estabelecemento das 35 horas semanais como xornada máxima. No caso de distribución irregular da xornada ou horarios especiais, poderán negociarse xornadas inferiores en cómputo anual.
  • Dereitos de xubilación do persoal empregado público:
    • Parcial anticipada. Recuperación do Acordo de xubilación parcial cunha porcentaxe máis beneficiosa para as administracións públicas e o persoal afectado. Posibilitar a xubilación parcial tamén para o persoal funcionario público.
    • Anticipada directa ou mediante a aplicación de coeficientes redutores a aquelas categorías e escalas cuxos postos de traballo
      • levan unha especial penosidade , traballo a quendas, nocturnidade, etc.
      • Xubilación aos 60 anos do persoal sociosanitario
      • Xubilación mediante coeficientes redutores dun mínimo do 0,15 ampliable por razón de funcións no mar con carácter retroactivo.
      • Aplicación de coeficientes redutores para o persoal das escalas de axentes ambientais e forestais.
  • Actualización dos gastos de locomoción e axudas de custo, rachando coas diferencias por grupos.
  • Dignidade salarial. Subir os niveis dos grupos inferiores para diminuír a diferencia. Maior definición da estrutura salarial para evitar as incoherencias nas retribucións dos funcionarios/as públicos. Aplicar a claúsula de revisión salarial co IPC real por comunidade autónoma. Establecer fórmulas para compensar a perda do salario dos últimos 15 anos.
  • Garantir que se desenvolva un proceso de negociación colectiva previo de leis básicas ou estatutos na Mesa Xeral de Administracións Públicas. Para que non se salten o paso como fixeron coas recentes propostas que afectan a persoal empregado público da Galiza e que quedaron sen a posibilidade de representación.
    • Lei de bombeiros forestais con aplicación directa e con carácter retroactivo dos coeficientes de bombeiros/as e un cadro persoal de xestión directa 100% publico.
    • Lei básica de axentes forestais na que se deben respectar as competencias propias, dirección da extinción de incendios e seguridade e saúde laboral con coeficientes para a xubilación anticipada.
  • Imposición as administracións públicas do levantamento dos recortes do 2012 con carácter retroactivo dende que mudaron as condicións macroeconómicas que o sustentaban (mínimo 2019) e aplicación da compensación correspondente ao persoal (asuntos propios, FAS, compensacións artigo 19, etc.)
  • Blindar as funcións do persoal funcionario público establecendo un réxime sancionador para o persoal directivo das administracións publicas asinantes de contratos con entidades publicas e privadas para realizar xestións, informes e trámites que ata de agora realizaban empregados publicos.
  • Rematar coa discriminación do persoal funcionario do Servizo de Gardacostas de Galiza por razón do seu réxime xurídico coa inclusión no réxime especial do mar e a aplicación dos coeficientes redutores por actividade.
  • Regular no EBEP os concursos de traslados e a promoción interna, cunha periodicidade permanente ou cando menos anual e previos a outros procesos selectivos.
  • Pór freo a privatización de servizos públicos, que impide a posta en marcha de novos servizos ao privatizarse a xestión pública. Rematar coas externalizacións.
  • Eliminar a taxa de reposición de efectivos.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...