A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas do Servizo de Gardacostas de Galiza, con prazo para que presentemos alegacións ata o día 8 de xaneiro de 2024.


Dende a seguinte ligazón podes descargar a proposta, e tamén descargar o borrador de postos a ofertar. E si é do teu interese, contacta coa CIG.

Satisfácenos que movan este concurso, pero ao tempo queremos subliñar que o director xeral de Función Pública non cumpre nin coas súas propias palabras, xa que o que nos estivo a dicir foi que primeiro convocarían o concurso de incendios e axentes forestais/ambientais (xa en marcha), de seguido iría o concurso de escalas "sociais", a continuación o resto de escalas de administraición especial, e nin unha palabra da previsión do concurso de corpos xerais e das súas escalas.