No DOG do 08/01/2024 publican:

- ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

Este acordo ten por obxecto regular o procedemento para o acceso ao réxime extraordinario dos graos I e II do sistema transitorio do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral que non cumpría os requisitos nas convocatorias de 2019 e 2022.

Os empregados públicos poderán acceder ao formulario de solicitude a través do portal web da función pública desde a sección «Funcionarización e carreira profesional» https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional ou no enderezo http://fides.xunta.gal

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e será de 3 meses.

- ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

Este acordo ten por obxecto regular o procedemento para o acceso ao réxime extraordinario dos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario que non cumpría os requisitos nas convocatorias de 2019 e 2022.

Os empregados públicos poderán acceder ao formulario de solicitude a través do portal web da función pública desde a sección <Funcionarización e carreira profesional> https:// www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional ou no enderezo http://fides.xunta.gal

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e será de 3 meses